Libei do teu mel e nas patas traseiras levo semente fecunda.
Espetei moi preto
a miña bandeira do trinque
vaidosa sen saber que era eu a posuída.
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Comentarios
Publicacións populares deste blog
Poderosa e agresiva como o ouro rabioso e incendiado das chorimas. Manuel María. A Chaira é unha muller labrega rexa, baril, poderosa leva no ventre fecundo o xermolo da paisaxe. Os seus pés lañados lamberon a humidade das lagoas. En pé a curva prateada do fouciño fai tremer ao ceo fachendoso. Unha vez tamén foi moza: derramou o sangue estipulado e enfiou falas de amor para coser soños de seda nos solpores, tal e como narran as crónicas perdidas da Historia das mulleres. Foise facendo cerna compañeira mansa de xugada berce, consolo, sacho e aixada. Aínda no dourado Outono tiña na face cereixas encarnadas. A Chaira é unha muller velliña; no seu mendado mantelo custodia as palabras herdadas para o rexurdir da tribo. A Chaira é unha muller e tódalas mulleres somos Chaira.
Dobrégate o vento do norte non llo permitas érguete axiña ao son do astro gaiteiro. Érguete insubmisa sorrille a Lourenzo para que deite en ti cada tarde a súa dondura morna.
Ergueron as aves na quenda furtiva do péndulo do tempo. Enriba, silente o Lourenzo manda seu cálido alento. Refugallos plásticos espernexan no medio da corrente ineptos crense capaces de remontar o río. Os trinta e tres centilitros tamén navegar. As árbores rexistran decrepitude ante o espello amante do Asma. Definitivamente son bos lugares as pontes para esgrimir feitizos observar ou escribir poemas.
Comentarios
Publicar un comentario