Poderosa e agresiva como o ouro rabioso e incendiado das chorimas. Manuel María. A Chaira é unha muller labrega rexa, baril, poderosa leva no ventre fecundo o xermolo da paisaxe. Os seus pés lañados lamberon a humidade das lagoas. En pé a curva prateada do fouciño fai tremer ao ceo fachendoso. Unha vez tamén foi moza: derramou o sangue estipulado e enfiou falas de amor para coser soños de seda nos solpores, tal e como narran as crónicas perdidas da Historia das mulleres. Foise facendo cerna compañeira mansa de xugada berce, consolo, sacho e aixada. Aínda no dourado Outono tiña na face cereixas encarnadas. A Chaira é unha muller velliña; no seu mendado mantelo custodia as palabras herdadas para o rexurdir da tribo. A Chaira é unha muller e tódalas mulleres somos Chaira.
Comentarios
Publicar un comentario